domingo, 27 de marzo de 2011

O NOSO PEQUENO XARDÍN

Para celebrar o día da árbore, prantaremos entre todas as clases un pequeno xardín. A cada aula tocoulle unha flor diferente. A nós, tocounos a verbena, unha planta moi bonita con flores de diferentes cores. Aquí tedes algunhas imaxes de como por un día, nos transformamos en pequenos xardiñeiros e prantamos as nosas semillas de "verbena".


miércoles, 16 de febrero de 2011

SOMOS POETAS

Libroucho pediunos que nos transformásemos en poetas e que os nenos e nenas de cada aula elaborásemos unha poesía. Este foi o noso resultado, unha pequena poesia sobre os amigos. Esperamos que vos guste.

martes, 8 de febrero de 2011

¡¡¡¡FESTA DO ENTROIDO!!!!

Este entroido desfrutamos moito facendo un mercado medieval entre todos os nenos e nenas do colexio. A nós, tocounos ir de artesáns medievais, xunto cós nosos compañeiros de 2º.Aquí tedes algunhas fotos de ese día tan especial.


domingo, 19 de diciembre de 2010

CHEGOU O NADAL

Coa próxima chegada do nadal, estes días estivemos decorando con moita ilusión a aula por fóra e por dentro. Este é o resultado, esperamos que vos guste moito!!!

CONCERTO DO TERCIO NORTE

O día 2 de decembro fomos a Ferrol para desfrutar dun concerto didáctico no Cuartel de Dolores ofrecido pola banda do tercio norte.
Cando chegamos, os soldados fixeron unha pequena exhibición de cans adestrados que nos deixou asombrados.
No concerto, aprendimos os diferentes tipos de instrumentos, e pasámolo xenial escoitando cancións moi coñecidas para nos.Aqui quedan as imaxes para que vexades que dia tan estupendo pasamos.

GINKANA DA IGUALDADE

O día 29 de novembro os nenos e nenas de 1º xunto cos alumnos de 2º e 3º desfrutamos dunha Ginkana da igualdade para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Aquí deixámosvos algunhas fotos das actividades que fixemos.



Presentación de diapositivas: GINKANA EP - Diapositivas

viernes, 19 de noviembre de 2010

SEÑOR MUNDO, DÍGAME?

Benvidos ó novo blog dos nenos e nenas de 1º de primaria do CEIP Eladia Mariño!!!!

Comezamos este novo blog, cunha presentación de fotos do día 17 de novembro, onde a nosa clase xunto cos nenos e nenas de 2º e 3º de primaria desfrutamos moito dunha obra de teatro do grupo "BOCABERTA".


Presentación de diapositivas: SEÑOR MUNDO, DÍGAME? - Diapositivas